Publicador de contidos

Publicador de contidos

En setembro o Camiño de Santiago continúa atraendo moitos peregrinos

En setembro o Camiño de Santiago continúa atraendo moitos peregrinos

Algúns escollen estas datas para evitar aglomeracións e as temperaturas propias do verán

G24.gal 21/09/2025 20:45

Durante todo o ano a chegada de peregrinos a Santiago é constante. Pero é no verán cando a afluencia aumenta exponencialmente. Agora coa chegada do outono semella que aínda son moitos os peregrinos que percorren as diferentes rutas.

"Aínda non empezamos na universidade e decidimos aproveitar estes días para facer o Camiño", di unha peregrina. 

"Foi fácil atopar albergues para durmir, iso é síntoma de que agora non están tan masificados coma no verán", engade unha amiga.  

Moitos anímanse a percorrer o camiño en setembro para fuxir das aglomeracións. Tamén hai quen o fai para evitar as temperaturas extremas do verán.

En todo caso, o Camiño de Santiago mantén o seu poder de convocatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade