A praia fluvial da Calzada segue a ser a única en Galicia con bandeira azul
Situada no río Verdugo, pertence a Ponte Caldelas e as súas augas analízanse cada quince días
A praia fluvial da Calzada, no concello de Ponte Caldelas, é a única de toda Galicia con bandeira azul. E así leva séndoo unha década. Cunhas augas, as do río Verdugo, analizadas cada dúas semanas e cunha contorna arborada, convértese cada verán nunha alternativa aos areais do litoral, máis quentes e máis masificados.
Domingo á tarde na praia da Calzada. O sol non loce, hai pouco máis de vinte graos e aínda así hai xente. A contorna do río Verdugo, os carballos, os bidueiros, a accesibilidade e o paseo sen pendente fai desta paraxe un lugar idóneo para saír do litoral costeiro, máis masificado e habitualmente máis caloroso.
Esta praia fluvial da Calzada, no concello de Ponte Caldelas, a pouco máis de media hora de Vigo, e a única de toda Galicia con bandeira azul. Leva dez anos renovando esta insignia de calidade da auga e da contorna.
As augas deste río Verdugo analízanse cada quince días para determinar a súa idoneidade para o baño. Combina natureza, servizos e accesibilidade, e leva tempo sendo unha alternativa de escape do litoral máis masificado nos meses estivais.
Dende 2015 un xurado internacional, para a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, segue renovando, cada tempada, a bandeira azul.