Zara desembarca na cita da moda máis importante do ano, a Gala Met
Presentou os novos deseños de John Galiano para a firma galega, a propia Marta Órtega loceu un deles, tamén a lenda do rock Stevie Nicks e o rapeiro Bad Bunny
A marca galega cada vez ten máis presenza nos eventos culturais e sociais internacionais
De veludo e con sombreiro de copa, este vestido para a lenda do rock Stevie Nicks é a primeira colaboración de John Galiano para Zara. E viuse en Nova York na última Gala Met, a cita da moda máis importante do ano. Unha gala en que tamén se estreaba a presidenta da firma, Marta Ortega, tamén cun deseño da súa última fichaxe.
Cun estilismo máis sobrio e vintage, asinado tamén pola firma galega, pisaba a alfombra vermella Bad Bunny, que se presentaba nunha versión envellecida de si mesmo. É a segunda vez que Zara viste o portorriqueño nunha cita importante. Zara xa deseñou o seu estilismo para a súa actuación na Super Bowl deste ano.
Zara cada vez está máis presente nas grandes citas culturais e da moda. Moitos dos invitados ao 50 aniversario da firma e as súas exposicións vestían os seus deseños. Xa no 2018 a firma galega encargábase do vestiario do equipo de produción e organización dos Óscar do cine.