A OMS apunta que non hai ratas a bordo, polo que recomenda aos pasaxeiros que permanezan nos camarotes
A OMS apunta que non hai ratas a bordo, polo que recomenda aos pasaxeiros que permanezan nos camarotes
O hantavirus é un patóxeno propio de roedores e só unha das súas variantes, a do virus dos Andes, pode contaxiarse entre humanos
Transmítese por contacto con roedores infectados. Moitas veces, ao limpar os niños, ou inhalar o virus a través das excrecións dos animais.
"Na variedade dos Andes está descrita a transmisión persoa a persoa pero é moi infrecuente", dixo Suso Prego, o xefe do Servizo de Vixilancia Epidemiolóxica da Consellería de Sanidade.
Pero as primeiras comprobacións da OMS apuntan a que non hai ratas a bordo e que a transmision puido ser humano a humano, por contacto moi estreito, tras un contaxio inicial desta especie de rato da zona da Patagonia.
A variante da zona americana pode producir unha síndrome pulmonar, que nun 40 % dos casos pode ter efectos moi graves, mesmo a morte. O hantavirus non ten tratamento nin vacina, pero si pode detectarse a través dunha propba PCR ou unha determinación de anticorpos.
"A OMS e os organismos internacionais de Saúde Pública a través do reglamento sanitario internacional xa fixeorn unha serie de recomendacións que fundamentalmente van na liña de facer limpeza ambiental, illar os casos e prestarlle asistencia sanitaria -iso é fundamental- e que os pasaxeiros que están sanos manteñan distancia social e a ser posible permanezan nos seus camarotes", detallou Suso Prego, o xefe do Servizo de Vixilancia Epidemiolóxica
Para a OMS non hai razóns para o pánico. Afirman que todo está en marcha para presevar a saúde da pasaxe.