Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estafan 18.000 euros a unha muller de 71 anos facéndose pasar por unha garda civil

Estafan 18.000 euros a unha muller de 71 anos facéndose pasar por unha garda civil

En caso de recibir un aviso dalgunha cuestión para pagar por unha compra que non é real, a Garda Civil suxire realizar unha captura de pantalla para interpoñer a correspondente denuncia e nunca picar na ligazón recibida

Imaxe de Arquivo/Garda Civil/Ministerio do Interior/EuropaPress Imaxe de Arquivo/Garda Civil/Ministerio do Interior/EuropaPress
G24.gal 05/05/2026 14:12

Unha muller que se facía pasar por unha axente da Garda Civil logrou estafar máis de 18.000 euros a través dunha videoconferencia a unha muller de 71 anos en Ponteareas.

O instituto armado advertiu este martes do perigo das estafas telemáticas despois de que a finais de abril se presentara en Ponteareas a denuncia da vítima.

Nunha modalidade nova, a presunta delincuente fíxose pasar por unha axente da Garda Civil nunha videoconferencia enque mostrou un uniforme e unhas credenciais que aparentemente parecían reais e indicou á vítima que debía pagar o importe dun cargo que lle chegara por mensaxe.

A Garda Civil aclara que non fai ese tipo de chamadas, polo que, en caso de recibilas, hai que "desconfiar sempre".

Ademais, recomenda evitar enviar ou publicar unha copia da documentación privada a través de Internet ou en calquera rede social e lembra que nos trámites ante a Administración Xeral do Estado está prohibido que se solicite a fotocopia do DNI.

Tamén suxire desconfiar das empresas que requiren documentación privada para realizar trámites en Internet, ter unha copia da documentación privada no correo electrónico, non enviar a documentación baixo ningún concepto se se trata unha transacción realizada nunha plataforma de compravenda ou sospeitar se o prezo do produto á venda é moi baixo.

En caso de recibir un aviso dalgunha cuestión para pagar por unha compra que non é real, a Garda Civil suxire realizar unha captura de pantalla para interpoñer a correspondente denuncia e nunca picar a ligazón recibida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade