Comezan os traballos para retirar a duna da praia de Riazor
A barreira de area protexeu o paseo dos temporais marítimos do inverno
Este luns comezan os traballos para retirar a duna de area e devolverlle a Riazor o seu perfil primixenio.
A barreira de area colócase cada outono desde 1995, despois de que un temporal levase por diante unha parte da balaustrada do paseo de Riazor. Ás veces a duna non basta e o mar supera a praia.
No inverno de 2014, por exemplo, a auga chegou a entrar en varios negocios e nalgúns portais. Volveu acontecer en 2022.
A crueza dos temporais e das continuas borrascas do último inverno puxeron a proba a resistencia da duna. A finais de xaneiro, o Concello tivo que reconstruír a estrutura, moi erosionada polo paso de Ingrid e Joseph e polos embates do mar. As ondas superaron os nove metros.
Os traballos durarán un par de semanas.