Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia comeza a administrar a vacina da meninxite B aos 12 anos

Galicia comeza a administrar a vacina da meninxite B aos 12 anos

Será a primeira comunidade autónoma que vai reforzar a inmunización contra o meningococo B

A partir deste luns todos os menores que acodan á revisión dos 12 anos van recibir unha dose da vacina

G24.gal 03/05/2026 21:43

Dende este luns todos os menores que acudan á revisión dos 12 anos van recibir unha dose de reforzo da vacina contra o meningococo B, a bacteria responsable da variante máis letal da meninxite.

O Consello da Xunta aprobou a medida que afectará a uns 21.900 adolescente nados en 2014. Supón un investimento de 1,8 millós de euros. Unha decisión que chega nun momento epidemiolóxico que xustifica a urxencia, con máis dun cento de casos rexistrados en España no que vai de ano e unha ducia de falecementos, o último o dunha nena de 11 anos en Ourense.

A partir de agora vaise reforzar a inmunización nun grupo de idade clave para a transmisión desta doenza, xa que ata un de cada catro adolescentes pode ser portador asintomático da bacteria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade