Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multas de ata 30.000 euros na Coruña por non recoller os excrementos dos cans

Multas de ata 30.000 euros na Coruña por non recoller os excrementos dos cans

Os propietarios tamén estar obrigados a diluír con auga os ouriños dos animais

G24.gal 13/07/2025 21:01 Última actualización 13/07/2025 21:46

Despois dun período informativo, o Concello da Coruña activou as sancións para os donos de cans que non recollan os excrementos ou non dilúan con auga os ouriños dos animais na vía pública. As multas oscilan entre os cen e os cincocentos euros, aínda que poden alcanzar os 30.000 nos casos reincidentes máis graves.

Na Coruña hai censados uns 32.000 cans. O Concello destina cada ano máis de trescentos mil euros a limpar os ouriños e os excrementos que quedan sen recoller nas rúas. Os incívicos son minoría, pero abondos como para causar malestar, queixas e mesmo algún enfrontamento tenso.

"Alí nos xardíns do Paseo das Pontes xa discutín dúas veces con eles. Xogan nenos no campo. Se fan caca os cans teñen que recollela", comenta unha veciña. "Que respecten os demais. Non temos porque estar pisando os excrementos cos zapatos", engade outra viandante.

É obrigatorio recoller os excrementos e levar unha botella con auga para diluír os mexos dos cans. Esta semana comezou a fase sancionadora da campaña municipal encamiñada a mellorar a limpeza e a convivencia nos espazos públicos.

As multas para os que non cumpran a ordenanza van desde os cen aos cincocentos euros.

"Non me parece mal. Eu sempre levo bolsas, auga e de todo na mochila. Hai que ter a cidade cun mínimo de hixiene", afirma o dono dun can. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade