Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos e numerosos veciños desaloxados por un incendio que afectou trece vivendas en Laxe

Dous feridos e numerosos veciños desaloxados por un incendio que afectou trece vivendas en Laxe

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro sanitario e outras foron atendidas por inhalación de fume

G24.gal 31/05/2025 16:25

Os bombeiros deron xa por controlado o incendio que se declarou este sábado nun edificio da Avenida Cesáreo Pondal de Serantes, no concello de Laxe.

A Garda Civil informou desde o lugar de que dúas persoas foron evacuadas ao hospital por queimaduras e inhalación de fume, e varias recibiron atención en centros sanitarios da zona. Finalmente foron 13 as vivendas afectadas.

Minutos antes das 14:00 horas, un particular alertou ao 112 Galicia tras escoitar unha explosión nun edificio. Segundo indicou, comezou a saír fume por unha fiestra do primeiro andar e varias persoas pedían axuda desde o interior das súas vivendas. Nos minutos seguintes, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu máis chamadas, algunhas delas procedentes do propio edificio afectado.

Inicialmente, axentes da Policía Local e varios veciños tentaron sufocar as lapas con extintores, sen éxito. O 112 Galicia activou de inmediato un amplo operativo no que interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Carballo e Santa Comba, o GES de Ponteceso, Garda Civil, Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Laxe, coa colaboración de persoal de Medio Rural. Xa pola tarde sumáronse efectivos dos Bombeiros de Cee.

Pouco despois, os Bombeiros confirmaron que o incendio se propagara a través do patio de luces, afectando a dous edificios. Máis tarde, o lume chegou a un terceiro inmoble. Varias vivendas resultaron danados polo fume e o lume.

Durante o operativo, os bombeiros rescataron varios veciños utilizando unha autoescada.

As tarefas de extinción e ventilación continuaban en marcha a última hora deste sábado.

As lapas propagáronse ao edificio lindeiro por un patio de luces.. Os servizos de emerxencias evacuaron coa axuda dunha autoescaleira varios residentes destes edificios.

Inicialmente eran un total de 12 as vivendas afectadas, e a previsión era que os veciños tivesen que pasar a noite fóra. O concello ofreceulles xa axuda a todos os afectados. Este domingo comezará a avaliación de danos materiais, que se prevén moi cuantiosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade