Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home e unha muller morren no incendio dunha vivenda en Tenerife

Un home e unha muller morren no incendio dunha vivenda en Tenerife

Lograron rescatalos inconscientes en parada cardiorrespiratoria, pero xa non foi posible reanimalos

No municipio malagueño de Alhaurín el Grande están de loito polos dous menores falecidos no incendio de Nadal 

 

G24.gal 26/12/2025 14:33

Arredor das seis e media desta mañá o Centro de Emerxencias das Canarias recibía unha chamada de alerta por un incendio na localidade tinerfeña de La Matanza de Acentejo. Os bombeiros lograron atallar as lapas na vivenda e sacar a un home e unha muller que estaban en estado inconsciente. Os efectivos sanitarios practicáronlles as manobras de reanimacións, pero non lograron reverter xa a parada cardiorrespiratoria de ningunha das dúas vítimas. Polo momento descoñécense as causas do incendio que queimou por completo a vivenda. 

Isto acontecía só 24 horas despois do sucedido en Alhaurín el Grande. No municipio malagueño seguen consternados polo incendio que na madrugada do día de Nadal provocou a morte de dous adolescentes de 15 e 16 anos. Os dous estaban no piso superior dunha casa da que non podían saír polo incendio que se desatou na planta baixa. Os veciños alertaron a Emerxencias de que había persoas atrapadas, pero os bombeiros só puideron rescatar os seus corpos xa sen vida. Todo apunta a que o lume se desatou por un posible curtocircuíto na planta baixa e que se estendeu rapidamente a toda a casa pola gran cantidade de material inflamable que había nese baixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade