Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado paraliza o desaloxo dos praceiros da alameda de Ourense que ordeara o Concello

O xulgado paraliza o desaloxo dos praceiros da alameda de Ourense que ordeara o Concello

O desaloxo debía ser efectivo como moi tarde o 9 de xaneiro

Os comerciantes recorreron ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo

Os praceiros venden nas instalacións habilitadas na Alameda porque a Praza de Abastos está pechada por reformas

 

G24.gal 26/12/2025 18:07

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense decidiu frear o desaloxo dos praceiros da alameda, en Ourense, que foi ordenado polo Concello e que debía facerse efectivo como moi tarde o 9 de xaneiro.

O xulgado admitiu a trámite un recurso interposto pola asociación de comerciantes da Praza de Abastos, cuxo edificio histórico leva máis de sete anos pechado por reformas. Os praceiros pedían medidas cautelares para a decisión tomada pola xunta de goberno local a finais de novembro.

Entón, o Goberno de Gonzalo Pérez Jácome ordenou o desafiuzamento dos praceiros das instalacións que actualmente ocupan na Alameda, xa que, segundo decretou, os praceiros incumpriran" o prazo de traslado" dos seus postos ao edificio rehabilitado. "Non teñen dereito a estar na Alameda por caducidade", engadiu o Concello.

Agora, o xulgado freou esta orde e emprazado ao Concello a que presente alegacións. Desta forma, non poderá executar o desaloxo mentres non se resolvan as medidas cautaleres.

A través dun comunicado, a asociación de comerciantes mostra o seu "respecto e confianza" na xustiza e defende que o xulgado é a "única vía" á que lles quedou recorrer ante o acto administrativo ditado polo Concello.

Así mesmo, os praceiros aseguran que o seu obxectivo é "trasladarse canto antes" ao edificio da Praza de Abastos, "unha vez que se acometan as obras imprescindibles, que impiden o seu regreso". "Un acordo sería a vía máis rápida para desaloxar dunha vez a Alameda", defenden.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade