Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez fai un 'house tour' pola Moncloa en "plan Isabel Preysler"

Sánchez fai un 'house tour' pola Moncloa en "plan Isabel Preysler"

O vídeo difundido pola plataforma TikTok pretende achegar a sede do Executivo á cidadanía

G24.gal 26/12/2025 16:16

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mostrou este venres unha parte do Palacio da Moncloa, a chamada Sala do Reloxo, nun vídeo difundido pola plataforma TikTok en que se puxo "en plan Isabel Preysler" para achegar a sede do Executivo á cidadanía.

Ataviado con traxe e chaleco, pero sen gravata, Sánchez informa de que vai facer "un pequeno 'house tour' (unha visita guiada en xerga de redes sociais) polo Palacio da Moncloa en plan Isabel Preysler" e mostra a Sala do Reloxo, chamada así porque está presidida por un reloxo de corda.

O xefe do Executivo relata que no lugar que mostra os expresidentes Adolfo Suárez e Felipe González presidiron os seus Consellos de Ministros, ata que o socialista construíu o que hoxe se coñece como o edificio dos Consellos.

"Aquí pasaron moitas cousas ao principio da democracia", comenta, e anima os espectadores a buscar fotos da época.

Sánchez finaliza o vídeo desexando que "gustase" aos cidadáns e pedindo "comentarios". Se a resposta é positiva, animarase a ensinar outras partes da Moncloa, finaliza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade