Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómase a circulación de trens entre Vigo e Santiago tras un erro na sinalización

Retómase a circulación de trens entre Vigo e Santiago tras un erro na sinalización

A avaría informática, que tivo lugar contra as 17.30 horas da tarde, impedía que o posto de mando reciba información sobre a circulación de trens entre Vilagarcía e Compostela

A partir das sete da tarde retomouse o servizo, aínda que os trens teñen que circular a menor velocidade e con partes do traxecto en bus

Pasaxeiros agardando na estación de Vigo Pasaxeiros agardando na estación de Vigo
G24.gal 26/12/2025 18:12 Última actualización 26/12/2025 20:03

A circulación ferroviaria entre as estacións de Vigo Urzaiz e Santiago de Compostela estivo suspendida durante algo máis de hora e media tras detectarse esta tarde unha incidencia que afectaba á sinalización.

A avaria informática impedía o acceso á información no posto de mando de Adif, isto é, o lugar onde se coordina a circulación de trens: horarios, paradas, etc,. A partir das sete da tarde comezou a retomarse o servizo, aínda que os trens tiveron que circular a menor velocidade por precaución nun primeiro momento

Esta incidencia afectou á circulación todos os servizos que tiñan que cubrir o treito Vilagarcía-Santiago en ambas as dúas direccións, entre eles catro servizod e Media Distancia e un AVE Vigo-Madrid.  Adif precisou nas súas redes sociais que a circulación "tende a normalizarse de maneira gradual" e Renfe sinalou que os trens recuperan a súa frecuencia de paso "paulatinamente", aínda que algúns treitos teñen que facerse en bus. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade