Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rey Varela leva ao Senado as reclamacións en materia ferroviaria para Ferrol

Rey Varela leva ao Senado as reclamacións en materia ferroviaria para Ferrol

Puente asegura que a fase 3 do estudo para mellorar o servizo de proximidade en Galicia "quedará pechada ao longo do mes de decembro"

Os cidadáns da comarca saíron ás rúas a pasada fin de semana para reclamar un tren "do século XXI". Foto: EFE/Kiko Delgado.
G24.gal 02/12/2025 21:41

O alcalde de Ferrol, o popular José Manuel Rey Varela, reclamoulle no Senado ao ministro de Transportes melloras no servizo ferroviario tanto na conexión Ferrol-A Coruña coma con Madrid. Sen concretar prazos, o ministro Óscar Puente asegurou que se está realizando un estudo informativo para analizar as necesidades da comarca.

Rey Varela requiriu "a restitución das frecuencias e horarios que existían ata este ano entre Ferrol e Coruña", así como que "volva funcionar a liña que suprimiron entre Madrid e Ferrol" e que se inicie "o estudo informativo da liña Ferrol-Betanzos-A Coruña".

Á parte de solicitar tamén que "se asine o convenio da estación intermodal" de Ferrol e que se redacte un "estudo informativo para o proxecto de modernización da liña que nos conecta co norte", o senador popular pediulle a Puente que se reúna con el, os partidos galegos e o Foro Cidadán Polo Ferrocarril para buscar solucións conxuntas.

Óscar Puente asegurou que o Goberno está a dedicar "todo o esforzo" para mellorar o ferrocarril en Galicia, do mesmo xeito que anunciou que a fase 3 do estudo para mellorar o servizo de proximidade na rexión -que inclúe a proposta de explotación e a análise socioeconómica- "quedará pechada ao longo do mes de decembro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade