Publicador de contidos

Publicador de contidos

A circulación ferroviaria entre Madrid e Ourense recupérase "gradualmente" tras a caída dunha árbore

A circulación ferroviaria entre Madrid e Ourense recupérase "gradualmente" tras a caída dunha árbore

O incidente foi no tramo entre Taboadela e a Cidade das Burgas

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 06/03/2026 18:27

A caída dunha árbore sobre a infraestrutura ferroviaria entre Ourense e Taboadela afectou esta tarde á circulación de trens entre a capital de provincia e Madrid, que xa recupera "gradualmente" a normalidade.

O Administrador da Infraestrutura Ferroviaria (Adif) informou, ao redor das 15:25 horas, que os convois de alta velocidade podían "rexistrar atrasos" debido á presenza dunha árbore nas vías. O incidente obrigou a mobilizar o persoal necesario para a súa retirada.

Ás 16:10 horas, noutra mensaxe publicada nas súas redes sociais, indicou que a árbore xa fora retirada e, por tanto, recuperábase "gradualmente" a normalidade na circulación de trens.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade