Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras do último treito da autovía Lugo-Sarria comezarán no verán

As obras do último treito da autovía Lugo-Sarria comezarán no verán

A Xunta vai investir case 40 millóns de euros en desdobrar o treito entre Nadela e a Pobra de San Xiao

Preto de 100.000 veciños vanse beneficiar desta infraestrutura

G24.gal 26/12/2025 14:43

O desdobramento do segundo e último treito da autovía Lugo-Sarria vai comezar a mediados de 2026. Son os trece quilómetros comprendidos entre a rotonda de Nadela e A Pobra de San Xiao. A Xunta vai investir case 40 millóns de euros no desdobramento deste treito que vai acurtar os tempos de viaxe e mellorar a seguridade.

O goberno galego estima que uns 100.000 veciños se van beneficiar da nova infraestrutura.

"Seguimos vertebrando Galicia e procurando que preto do 90 % dos cidadáns estean a unha distancia corta de vías de alta capacidade", afirmou Alfonso Rueda. 

O primeiro treito da autovía Lugo-Sarria, que une A Pobra de San Xiao con Sarria, abriuse ao tráfico no 2022. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade