Sánchez felicita o Nadal ás tropas españolas no exterior: "Sodes un exemplo de abnegación e eficacia en situacións moi complicadas"
Sánchez felicita o Nadal ás tropas españolas no exterior: "Sodes un exemplo de abnegación e eficacia en situacións moi complicadas"
Pedro Sánchez trasladou o seu “agradecemento e gratitude” en nome do Goberno e o conxunto da sociedade española
O presidente do Goberno lembrou na súa mensaxe que máis de 20.000 militares participaron en misións fóra das nosas fronteiras en 2025, unha cifra que ilustra o compromiso de España pola paz
O presidente do Goberno mantivo unha videoconferencia coas unidades españolas en misións humanitarias e de paz no exterior á que tamén asistiron a ministra de Defensa e o Xefe do Estado Maior da Defensa (XEMAD).
Pedro Sánchez trasladou o seu “agradecemento e gratitude” en nome do Goberno e o conxunto da sociedade española. “Un ano máis, entregástesvos na tarefa de protexer España e contribuístes co voso labor á paz e seguridade internacional, que é tan importante nos nosos días”, comezou o seu discurso. “Dentro das nosas fronteiras, volvestes dar un exemplo de admiración, de eficacia”, engadiu.
O presidente do Goberno trasladoulles ás tropas o recoñecemento de toda a sociedade. Tamén por misións dentro de España, como a loita contra os incendios deste verán.
Sánchez lembrou na súa mensaxe que máis de 20.000 militares participaron en misións fóra das nosas fronteiras en 2025, unha cifra que ilustra o compromiso de España pola paz. Tivo tamén unhas palabras de lembranza para os 175 homes e mulleres que deron a súa vida nestes 36 anos de misións no exterior.
Para rematar, o presidente do Goberno manifestou a todos os militares que van pasar a Noiteboa fóra da casa que "non hai palabras para mitigar a nostalxia do fogar, nin acurtar a distancia que os separa dos familiares e seres queridos". Afirmou que o esforzo paga a pena, desexoulles felices festas e que o 2026 traia a paz a tantos currunchos do mundo tan necesitados dela.