Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban nun bar de Curtis empotrando o coche contra a verxa de seguridade

Rouban nun bar de Curtis empotrando o coche contra a verxa de seguridade

A dona do local calcula que causaron danos materiais no establecemento por valor de 30.000 euros

G24.gal 30/12/2025 19:27

Uns ladróns entraron na madrugada deste martes na Tapería Castiñeira empotrando o seu vehículo contra a verxa de seguridade do local.

Segundo a denuncia presentada na Garda Civil, levaron diñeiro da caixa rexistradora.

A dona do local calcula que causaron danos materiais no establecemento por valor de 30.000 euros.

As cámaras de seguridade gravaron o momento no que o coche se empotra contra o edificio e tamén a entrada dos ladróns.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade