Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de roubos en vivendas de concellos da contorna de Santiago

Vaga de roubos en vivendas de concellos da contorna de Santiago

Un veciño de Vedra colleu na allada os ladróns, pero deron fuxido

Outro veciño denunciou que lle roubaron xoias e cartos

Na zona hai unha gran preocupación, mercan alarmas e piden máis presenza das forzas de seguridade

G24.gal 30/12/2025 13:57

En Vedra teñen moi presente a procura por dos ladróns aos que un home colleu na allada na súa propia casa en Sarandón. Foi un dos asaltos máis soados, dos que están sufrindo estes días no concello.

Un home conta que o veciño estaba entrando na casa e viunos escapar a correr, que se fixo unha pequena batida pero deron fuxido e que ademais acababan de roubar noutras vivendas.,

Denunciáronse roubos semellantes en Boqueixón, en Teo, na Estrada..., os veciños incluso falan de modelos de vehículos concretos e temen deixar as vivendas soas. 

Un traballador dunha ferraxería ao que roubaron explica que chegou a casa contra as oito da tarde e a encontrou toda revolta, que a Garda Civil lle explicou que entran cando se empeza a facer de noite e que lle entraron por unha ventá, levándolle cartos e xoias.

A veciñanza está preocupada e toma medidas para ter conta das súas propiedades, como mercar alarmas ou cans. Con todo, piden máis vixilancia por parte das forzas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade