Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban xoias e cartos na vivenda dunha muller falecida poucos días antes

Rouban xoias e cartos na vivenda dunha muller falecida poucos días antes

Todo apunta a que os ladróns coñecían a propietaria e sabían do seu recente falecemento

G24.gal 29/12/2025 13:23

Sucedeu nunha vivenda do barrio de Rons, no Grove. Os ladróns forzaron unha porta e conseguiron entrar na casa. Estaba deshabitada, porque poucos días antes falecera a súa propietaria.

Foi un familiar quen se decatou do roubo. No interior, os asaltantes remexeron todo cun obxectivo que parece claro: levar xoias e cartos. Todo apunta a que os ladróns coñecían a propietaria e sabían do seu recente falecemento. Circunstancia que aproveitaron para entrar na vivenda antes que a súa familia.

Nin a morte respectaron uns ladróns, aos que xa busca a Garda Civil. Non transcendeu a cantidade de cartos nin o valor das xoias que roubaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade