Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban nun supermercado en pleno centro de Malpica

Rouban nun supermercado en pleno centro de Malpica

As primeiras hipóteses apuntan a que accederon polo almacén despois de cortar os cables da alarma e da corrente

Parece que os ladróns utilizaron un soprete para rebentar a caixa forte e levar a recadación

G24.gal 30/12/2025 14:06

Os ladróns entraron de madrugada no supermercado. As primeiras hipóteses apuntan a que accederon polo almacén despois de cortar os cables da alarma e a subministración da corrente eléctrica. Os veciños non escoitaron ruído ningún.

"Eu vivo aquí ao lado e non escoitei alarma ningunha nin nada".

Parece que os ladróns utilizaron un soprete para rebentar a caixa forte e levar a recadación. As forzas de seguridade acudiron a recoller mostras e analizar as pegadas. 

"Vin comprar e estaba pechado, estaban as rapazas aí na porta", asegura unha clienta.

"Debían estar os gardas aí, porque eu vin o coche da Garda Civil e xa non me deixaron entrar", di outra. 

O roubo xerou unha grande expectación en Malpica. O xeito de actuar dos ladróns converteuse no principal tema de conversa.

"O que falaban antes aí é que lle cortaran os cables e que usaran sopretes", conta un repartidor.

O suceso creou certa alarma entre os veciños. 

"Sempre estás preocupada porque se entran aquí che poden entrar no teu", advirte outra clienta.

"Esta é unha vila tranquila, pasan cousas pequenas coma en calquera outro sitio, pero é raro, moi raro", matiza un veciño.

Agardan recuperar esa tranquilidade e que este sexa un caso puntual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade