Rouban nunha librería da Coruña que xa ía pechar o último día do ano
Levaron a caixa rexistradora, na que unicamente había unhas chaves
É a primeira vez que a asaltan nos dez anos que leva aberta
Coa reixa a medio subir e o vidro da porta precintado pola policía. Así foi como atopou a librería o comerciante do lado cando se dispuña a abrir o seu negocio.
"É un local que o propietario está de saída e está practicamente baleiro. E claro, entran, non ven nada e levan a caixa. Pero é algo que estudan, non foi de casualidade", comenta o comerciante que descubriu o roubo.
Todo apunta a que, antes de entrar na librería, os delincuentes xa o intentaron nestoutro local, situado a escasos metros.
"Saltoume a alarma, vin mirar e eu tiña todo ben", comenta o propietario.
Neste barrio da Agra do Orzán din estar preocupados porque, segundo contan, non son casos illados.
"Houbo moitos roubos nos últimos meses. Algo teñen que facer... e poñer máis vixilancia nesta zona".
Desta volta, como a librería xa ía baixar a reixa definitivamente o 31 de decembro, no interior apenas había nada. Aínda así, os delincuentes levaron a caixa rexistradora, na que unicamente atoparon unhas chaves.
A Policía Nacional xa abriu unha investigación.