Noitevella en pixama ou de gala?
A moda importada dos Estados Unidos de pixamas ou xerseis de Nadal calla nas casas
Para moitos a elegancia é fundamental na noite mais intensa do ano
Roupa normal, de Nadal, ou brillibrilli esa é a gran dúbida para moitos cara a Noitevella. Algúns recoñecen que son "máis de xersei de Nadal, que ademais traemos un hoxe, e somos mais de saír de tarde. Xa pola noite, estamos coa familia, tranquiliños". Outra recoñece que prefire estar "cómoda na casa, logo se saímos amañámonos un pouco máis, pero na casa temos que estar cómodos".
A estética de Nadal importada dos Estados Unidos impón pixama ou xersei con luces e estampados imposibles, pero outros son mais clásicos, como esta parella que recoñece que "vestímonos de gala, pero xa non saímos de noite"; "un pouco arranxados, pero na casiña, e de pixama nada, ben vestidos". Outro di, apurado: "Gústame poñer o traxe, pero vou agora mesmo coller o pantalón, pero todo de imprevisto".
Outros optan tamén pola comodidade, pero a de aquí: "De momento teño pensado espertar e quedar en pixama todo o día. Non penso saír, porque saír en Noitevella é moi complicado, caro, e a xente non acaba ben", comenta un rapaz. Outro pai de familia di que o estilismo de Nadal vai ser "totalmente estándar, o look de todos os días, imos á vila cear coa familia e pouco máis". Outra rapaza ten pensado "cear en pixama e logo poñerme máis guapa. Xa teño pensado o 'outfit', fáltanme os zapatos, pero improvisarei".
Outros son máis de dalo todo nunha noite tan especial: "Espectaculares, coma sempre, somos venezolanas, latinas, e os latinos sempre nos arranxamos", comenta entre risas unha rapaza. Outra comenta que "o noso plan é elegantes total. Imos a un sitio en Oviedo e porémonos de punta en branco'. Outro mozo di que está pensando "en mercar un traxe con abelorios e cousas, pero estamos aforrando".
En calquera caso, o de menos é o que poñamos, porque o importante é a actitude.