Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os servizos de emerxencias seguen operativos mentres a maioría festexa a Noitevella

Os servizos de emerxencias seguen operativos mentres a maioría festexa a Noitevella

Os incidentes máis frecuentes son os accidentes de tráfico e os incendios

Os momentos máis complicados son despois do tardeo e antes de ir cear e tras o chocolate con churros

G24.gal 31/12/2025 13:59

Para o persoal de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa esta é unha xornada de traballo intenso. Aquí xa comezan coa toma das uvas do mediodía e seguen durante a Noitevella.

"Nestes días sempre hai un pequeno reforzo do servizo ordinario. E hoxe pola mañá hai un operativo especial organizado", conta Francisco Javier Guillán, xefe do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.

Teñen que estar preparados para atender calquera incidente. Igual que os bombeiros, segundo nos contan no parque de Boiro.

"A todos nos gustaría estar na casa nestas datas, pero é o noso traballo e aquí estamos. A ver se non hai algunha intervención porque nos últimos anos, tanto en Noiteboa como en Noitevella na Barbanza tivemos intervencións con falecidos", di o sarxento Francisco Manuel Sampedro.

Os incidentes máis frecuentes son os accidentes de tráfico e os incendios, e hai unhas horas especialmente complicadas.

"Nestas datas, despois do tardeo e antes de ir cear e despois do chocolate con churros".

Algunhas farmacias tamén están de garda ou abren os festivos para atender as urxencias.

"Nesta tempada hai moitas patoloxías de inverno, moitas urxencias, xente que necesita medicación urxente", lembra María José García, titular dunha farmacia de Santiago.

E á marxe diso, o día un hai algún cliente que busca outro tipo de medicamentos.

"Mañá tocarán as resacas. É día un e algún deses sempre hai todos os anos".

Todos coinciden no mesmo, en desexar unha boa festa e en pedir moita prudencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar