Publicador de contidos

Publicador de contidos

A eclipse mobiliza un dos maiores operativos de emerxencias dos últimos anos

A eclipse mobiliza un dos maiores operativos de emerxencias dos últimos anos

"Todo o que podíamos reforzar, está reforzado nesta xornada para atender calquera incidencia que se poida producir", di o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva

O 112 Galicia coordina o dispositivo e está activado o nivel 2 do Plan Territorial de Emerxencias

G24.gal 12/08/2026 09:51

Este mércores vaise despregar en Galicia, e practicamente en toda España, o que será un dos maiores operativos de Protección Civil dos últimos anos. Está activado de maneira preventiva o nivel 2 do Plan Territorial de Emerxencias. O 112, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia centralizará o dispositivo especial, que será coordinado desde a súa sede da Estrada.

"É un evento que require un dispositivo especial en que participamos todas as administracións, coordinados desde o 112", di Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias.

"A eclipse vaise ver na totalidade do territorio, polo que están mobilizados todos os dispositivos de emerxencia, seguridade e sanidade", Villanueva: "Todo o que podiamos reforzar, está reforzado nesta xornada para atender calquera incidencia que se poida producir".

"É importante a colaboración da xente. Vai haber moito movemento. Hai que planificar, anticiparse antes de desprazarse. É un día de festa, vamos facelo con tranquilidade, vamos aparcar ben, non vamos bloquear as entradas e non vamos bloquear os posibles puntos de entrada dos servizos de emerxencia", insiste o director xeral de emerxencias.

E con especial atención a situación de risco de incendios forestais, dadas as altas temperaturas previstas. "É unha parte moi importante desde dispositivo", di Villanueva, quen pide "evitar calquera conduta de risco para que non se produzan incendios".

"Vamos gozar e tomar todas as medidas de seguridade, e controlar e apoiar as persoas dependentes que van canda nós, como nenos ou maiores".

"E unha vez que remate a eclipse, saír con esa mesma tranquilidade", conclúe Villanueva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade