Detida unha muller no aeroporto de Santiago por roubarlle o bolso a unha pasaxeira
Colleu 1.000 euros en efectivo e guindou o bolso nunha papeleira situada nos aseos da terminal aérea
A Garda Civil localizouna na cola de embarque e recuperou os cartos roubados
A Garda Civil detivo o pasado venres unha muller como presunta autora dun delito de apropiación indebida no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Marchou co bolso que unha pasaxeira deixara sobre un banco na zona de embarque. Cando a muller regresou a buscalo, xa non estaba no lugar.
No interior gardaba os documentos de identidade dos catro membros da súa familia, as tarxetas de embarque, un teléfono móbil e 1.060 euros en efectivo. A Garda Civil logrou identificar unha muller na cola de embarque dun voo con destino a outro país co diñeiro en efectivo.
O bolso fora guindado na papeleira dun aseo do aeroporto.