Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo de invidentes percorre o Camiño portugués a Santiago

Un grupo de invidentes percorre o Camiño portugués a Santiago

Fan unha etapa por mes, comezaron na Guarda en febreiro e este sábado realizaron a cuarta tirada, entre Vigo e Redondela

Son corenta persoas con distintos graos de invidencia, algúns precisan un guía para facer o camiño

G24.gal 31/05/2025 17:39

Non hai obstáculos para quen queira facer o Camiño, aínda sendo unha persoa cega. Con esa premisa iniciaron a ruta xacobea un grupo de invidentes.  Uns corenta peregrinos, con distintos graos de invidencia, acompañados de guías voluntarios, que cubren unha etapa cada mes ata Compostela.

Empezaron no mes de febreiro na Guarda. Dende entón seguen o itinerario do camiño portugués pola costa, a unha etapa por mes, para que sexa máis levadeiro.

"Camiñamos os últimos sábados e cada mes. Arrancamos en febreiro na Guarda e facemos unha etapa por mes. Hoxe percorremos a cuarta etapa, 15 quilómetros entre Vigo e Redondela.", conta Antía Álvarez, voluntaria que acompaña e fai de guía a unha invidente.

"Facemos unha etapa cada mes, apra que nos dea tempo a recuperar. E cada vez facemos máis quilómetos", sinala Enrique, persoa con só un 5% de visión, da Guarda e que participa na iniciativa.

"Para min este é o segundo camiño que facemos, e é moi bonito, porque é pola costa. O outro foi pola Ruta da Prata, que era máis interior" di Cristina, invidente total que tomou a saída nesta etapa.

Malia non poder apreciar as cores e formas da paisaxe, facer o camiño a cegas non significa renunciar a unha experiencia completa.

"Liberdade, disfrutar da natureza. Non podo ver a paisaxe, pero percibo outras sensacións, como o vento, a calor, a orientación", confesa Enrique. "A brisa, o tacto da brisa, notar o sol no corpo, os ruídos... Así os demais sentidos actívanse moito máis", manifesta Cristina. 

Seguen a ruta xacobea coma calquera peregrino, aínda que precisen axuda extra para sortear os pequenos atrancos que xurdan nos sendeiros e corredoiras.

"Ao levar un voluntario ao noso carón pois vainos guiando, dinos se imos á dereita o esquerda, se hai obstáculos, se hai pedras, vainos explicando por onde ir máis ou menos", sinala Juan, invidente que forma parte do grupo de peregrinos.

"Buscamos zonas con firme chan, máis homoxéneos, e intentamos fuxir -como nesta ocasión- das zonas urbanas, con semáforos, ruído de tráfico, etc.", apunta Eduardo González, monitor da empresa contratada pola ONCE para organizar a andaina.

"Hai camiños máis difíciles, pero eu intento pasalos ben, e chegaremos a Santiago", di Jesús, outro invidente que, malia súa escasa visión, decide camiñar sen guía.

Catro etapas máis quedan para chegar a Compostela, un reto doado habendo pernas para camiñar.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade