Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios peregrinos con diferentes discapacidades logran realizar o Camiño de Santiago

Varios peregrinos con diferentes discapacidades logran realizar o Camiño de Santiago

Chegaron á praza do Obradoiro en vehículos adaptados

Levaban cinco días facendo o Camiño Portugués

A asociación DisCamina, cos peregrinos, tras chegar á praza do Obradoiro
G24.gal 01/06/2025 14:38

Esforzo e ilusión. Estas son algunhas das actitudes que caracterizan a estes peregrinos que, coa axuda da asociación DisCamino, chegaron á praza do Obradoiro tras completar o último tramo do Camiño de Santiago.

"Fan un labor imprescindible para que o Camiño sexa accesible para todas as persoas que o queiran facer, xa que o Camiño non ten fronteiras", comenta Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

O Camiño non ten fronteiras… e as emocións que afloran ao chegar á praza do Obradoiro tampouco.

"Cando entras na praza, non ten nada que ver entrar ti só a entrar con alguén que tivo unha vida moi complicada e ti podes ver a emoción que esa persoa sente, entón ponse todo polas nubes", argumenta Javier Pitillas, responsable de DisCamino.

Non obstante, non era a primeira vez que o facían, pois levaban xa varios Camiños ás súas costas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade