Publicador de contidos

Publicador de contidos

Membros de Alcohólicos Anónimos fan o Camiño para visibilizar que a adicción supérase

Membros de Alcohólicos Anónimos fan o Camiño para visibilizar que a adicción supérase

Unhas cincuenta persoas participan na peregrinación

Comparten o camiño da abstinencia e contan en primeira persoa como é o seu día a día sen alcohol

G24.gal 23/10/2026 14:39 Última actualización 23/10/2026 15:51

"Eu fun o único de meus irmáns alcólicos, meu pai era alcólico. Eu empezo a ter problemas co alcol, non teño control. Tíñao todo, parella un fillo. Pouco a pouco, a enfermidade vai progresando e chego a Alcohólicos Anónimos nunha situación que fago dano ás persoas que máis quero. Iso é insoportable. Non sabía que me pasaba", di Juan.

A Organización Mundial da Saúde recoñece o alcolismo como unha enfermidade hai máis de medio século pero o estigma social da doenza continúa a día de hoxe.

"A xente cre que é un vicio. Son adiccións moi vergoñentas para a familia e as amizades que te queren. Aí tocamos fondo, penso", di Xosé. 

María comezou a beber sendo unha adolescente e a adicción acompañouna ata  pasados os 50 anos.

"Se cando chego a Alcohólicos Anónimos me din que non volvo a beber nunca marcho, pero dixéronme non bebas só hoxe. Día a día fun deixando de beber". 

Comparten o camiño da abstinencia en Alcohólicos Anónimos. Estes días unhas cincuenta percorren a ruta portuguesa para chegar a Santiago cunha mensaxe de esperanza.  

"Sáese de beber, de beber deixas o primeiro día, eu aquí estou para estar un ser humano máis integro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade