Cargando resultados...
Guitiriz enxalza a torta de millo, un dos doces máis tradicionais e coñecidos de Galicia
Trátase dun dos doces máis tradicionais e coñecidos da gastronomía, "sen conservantes nin colorantes"
G24.gal
01/06/2025 14:47
Celebrouse este domingo a oitava edición da Festa da Torta de Millo de Guitiriz, un doce tradicional "sen conservantes nin colorantes", segundo nos contan os seus promotores, que conseguiu consolidarse no mercado como un dos doces máis representativos da gastronomía galega.
Esta elaboración, que xa se cocía nos fornos guitiriceses hai un século, naceu ao abeiro do balneario de Guitiriz como unha oferta gastronómica para os que viñan tomar as augas.
Ovos, azucre, limón e, por suposto, millo son os ingredientes principais desta lambonada.