Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira Celta do Porto do Son reúne máis dun cento de postos de artesanía e alimentación

A Feira Celta do Porto do Son reúne máis dun cento de postos de artesanía e alimentación

O encontro atrae vendedores de distintos puntos de España e tamén estranxeiros

G24.gal 27/07/2025 15:53

A Feira Celta do Porto do Son é unha festa que transforma a localidade e enche de vida ás súas rúas. Este ano acudiron á cita máis dun cento de vendedores, algúns chegados doutros puntos de España e mesmo estranxeiros, como Abdalá, que vive en Marrakech e viaxa a feiras de toda Europa coa súa mercadoría.

"O que vendo é de Marrocos, é bereber, de tuaregs. Teño aneis, colares, alfombras. Todo artesanía feita a man", explica Abdalá.

María reside en Granada e acode por primeira vez coa artesanía que fai a unha feira en Galicia.

 "Son artesá e fago xoias de imitación con flores secas", cóntanos.

No mercado celta do Porto do Son destacan tamén os produtos de alimentación, como os que trae Leticia.

"Son produtos delicatessen, un pouquiño especiais, de Cantabria, Asturias...", puntualiza Leticia.

Pero a variedade do mercado non se cingue á artesanía e á alimentación.

"Eu traio minerais e fósiles de Marrocos", conta Aladino.

O encontro atrae visitantes de distintos puntos de Galicia e hai veciños que viven esta festa con devoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade