Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro celebra a tradicional Romaría das Tres Grazas

Viveiro celebra a tradicional Romaría das Tres Grazas

Moitos fieis pasarán hoxe pola capela da Misericordia de Viveiro, veñen rezar a ofrendar o Ecce Homo

 Esta cita, con grande arraigamento na vila, atrae devotos de toda A Mariña

G24.gal 06/03/2026 14:01

Primeiro venres de marzo, a cita é na capela da Misericordia de Viveiro. É día de peregrinación polas Tres Grazas.

 "Veño desde pequena, agora veñen tamén os meus fillos e o meu neto", di unha muller; un home engade: "Neste día non podemos faltar".

Veñen polo Ecce Homo ou Cristo atado á columna, polo que hai unha gran devoción na comarca, sobre todo entre a xente do mar.

"O barcos cando marchan ao mar xiran a proa cara a capela para pedir a bendición do Cristo", explica Ramiro Mel, membro da confraría da Misericordia.

Antigamente os devotos chegaban á capela de xeonllos. 

 "Cruzaban a ponte de xeonllos porque estaban ofrecidos", di Ramiro Mel.

Hai misas durante todo o día. Os devotos veñen rezar e fan unha ofrenda ao Cristo.

 "Ao final do día aquí xúntanse 5.000 ou 6.000 candeas", conta un mozo.

A crenza popular di que hai que pedirlle ao santo tres desexos ou grazas. A maioría son peticións de saúde. 

 "Son peticións de saúde e polo benestar da familia", di un home; e desde a Confraría da Misericordia sinalan: "Eu hoxe pediríalle a todo o mundo que dedicase unha graza a pedir a paz".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade