Publicador de contidos

Publicador de contidos

A romaría dos Milagres de Amil congrega devotos de toda Galicia no seu día grande

A romaría dos Milagres de Amil congrega devotos de toda Galicia no seu día grande

É unha das romarías relixiosas con máis sona do país

Hai misas, novenas e verbenas durante case todo o mes de setembro

G24.gal 14/09/2025 13:52 Última actualización 14/09/2025 14:17

Os romeiros empezaron a chegar de madrugada ao santuario dos Milagres de Amil, neste domingo día grande da festa. Uns en coche ou autobús, outros a pé desde distintos lugares da comarca de Caldas e mesmo desde Pontevedra.

 "Desde A Estrada, ás sete da mañá, vaise levando ben".

"Desde pequeniña, xa meus pais viñan e eu sigo coa tradición, cousa que os fillos agora non fan", din dous que fixeron o camiño a pé.

Entre as seis da mañá e as oito da tarde sucédense as misas. A solemne, á unha da tarde.

"Está poñendo unha candea, podemos saber o motivo?  Si, é por unha morte". "Non veño por promesa, veño por fe". "É a primeira vez que vimos os tres. Un compañeiro díxollo ao noso pai, apeteceunos vir, parecíanos curioso, un bo acto de fe". "É a primeira vez e non a coñecía", contan outros romeiros.

A de Amil, en Moraña, é unha dos romarías relixiosas con máis sona en toda Galicia. Este ano, as misas, as novenas e verbenas empezaron o día cinco e rematarán o 28 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade