Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha mirada ao recordo de Francisco no seu primeiro cabodano

Unha mirada ao recordo de Francisco no seu primeiro cabodano

Faleceu o 21 de abril de 2025 aos 88 anos, logo de 12 anos de pontificado

Neste aniversario, León XIV volveu reivindicar, en plena viaxe, a figura do papa arxentino, en Bos Aires o Cura DJ congregou a xuventude e o Vaticano honrou a Francisco cunha misa onda o seu sepulcro

G24.gal 21/04/2026 21:20

Na nube, o papa chamou a recoller o legado de Francisco. E no aire, igual.

"Queremos lembrar, neste primeiro aniversario da súa morte, o papa Francisco", sinalaba León XIV no avión de Angola a Guinea Ecuatorial

E na terra, na terra natal de Francisco, tamén cabodano. Cita en Bos Aires. Praza de Maio. Cura DJ e xuventude practicando memoria, escoitando algunhas das frases que deixou Bergoglio.

"Agradecemos ao Señor o gran don da vida de Francisco a toda a Igrexa e todo o mundo", subliñaba o papa aínda no avión

"Na Igrexa hai espazo para todos, para todos", deixara dito Francisco entre a xuventude en Lisboa

"Non se metan na cola da Historia. Sexan protagonistas! Xoguen para adiante!", resoa aquela voz de Francisco nos altofalantes da Praza de Maio

E, neste 21 de abril, o actual papa comezaba a última etapa da xira por África en Guinea Ecuatorial.

"Atreverse a aplicar políticas que vaian contracorrente", di León XIV

"Teñan a coraxe de ir contracorrente!", dixera Francisco entre a xuventude no Brasil

E, neste 21 de abril, vemos o cabodano de Francisco en Santa María a Maior, onda o seu sepulcro. E a xente, poñendo palabras á súa lembranza de Bergoglio.

"De ben e de amor. Iso é o que era o papa Francisco"

"Un papa espléndido, unha persoa excepcional"

En palabras de León XIV, é "o primeiro aniversario do nacemento ao ceo" de Francisco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade