Publicador de contidos

Publicador de contidos

León XIV no Perú: "É como un soño moi grande que o Señor me permitiu"

León XIV no Perú: "É como un soño moi grande que o Señor me permitiu"

O Papa oficia unha misa na catedral na que se ordeou bispo

G24.gal 14/11/2026 20:58

Marchou destas terras como o bispo Robert Prevost e regresa agora como papa. No seu cuarto día no Perú León XIV volveu á catedral de santa María, en Chiclayo, onde tantas veces celebrara a eucaristía. Aquí presidiu o rito da coroación da imaxe da Virxe Inmaculada, de especial significado para o pontífice.

"Xunto a ti aprendín a ser pastor de Chiclayo. Ti acompañácheme polas súas vilas e cidades. Ao teu corazón inmaculado confíolle hoxe a miña vida e o meu ministerio como sucesor de Pedro", dixo.


Despois desta parada en Chiclayo, un avión da Forza Aérea do Perú trasladouno ata a localidade de Santa Cruz de Suchabamba, tamén moi vinculada ao pontífice. Antes de participar nunha misa multitudinaria na explanada das Pampas de Aviación, León XIV visitou a parroquia La Inmaculada onde se quixo dirixir a un grupo de persoas que non podían desprazarse á eucaristía.

"É un soño moi grande que permitiu o Señor", asegurou o pontífice.

Unhas 20.000 persoas esperaban logo a León XIV para asistir á misa que presidía. O luns será o seu último día no Perú antes de regresar a Roma. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade