Publicador de contidos

Publicador de contidos

León XIV volve a súa antiga catedral de Chiclayo no cuarto día de visita no Perú

León XIV volve a súa antiga catedral de Chiclayo no cuarto día de visita no Perú

Máis dun millón de persoas saíron á rúa para recibir o que consideran o seu Papa, que foi bispo desa cidade durante oito anos

A multitudinaria benvida emocionou o pontífice, que percorreu en papamóbil os 12 quilómetros que separan esa vila costeira da veciña de Pimentel, onde medio millón de fieis o agardaban para asistir a unha misa
 

REUTERS/Yara Nardi
G24.gal 14/11/2026 15:03

O papa León XIV comezou este sábado o seu cuarto día de visita en Perú cun acto na catedral que rexentou durante oito anos como bispo, na cidade peruana de Chiclayo, cuxa praza lucía ateigada con 15.000 persoas desde os primeiros raios do sol para ver o regreo de Robert Prevost ao templo principal da súa querida diocese.

O pontífice, inmerso na súa primeira xira por América Latina, chegou o venres a Chiclayo para reencontrarse coa cidade que marcou o seu labor pastoral, e da que saíu en 2023 rumbo ao Vaticano por chamada do papa Francisco para dirixir o Dicasterio dos Bispos, sen saber que dous anos máis tarde se convertería en líder da Igrexa católica.

Na tarde deste mesmo sábado chegará ata a poboación de Zaña para clausurar o ano xubilar polos 300 anos da canonización de santo Toribio de Mogrovejo, un santo ao que o papa se referiu e puxo de exemplo constantemente ao longo desta viaxe.

O acto celebrarase no santuario que o santo español ten na mesma poboación peruana onde faleceu, e que como bispo tamén visitou con frecuencia.

León XIV encóntrase do 11 ao 16 de novembro en Perú, última parada da súa primeira xira por América Latina, tras visitar previamente o Uruguai e a Arxentina, e a etapa máis longa da viaxe, cun total de seis días para visitar as cidades de Lima, Cusco, Pucallpa e Chiclayo, onde tamén percorrerá varios puntos da diocese á que serviu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade