O Son d'aldea converte a veciñanza de Palas de Rei en actores teatrais
Cada ano unha parroquia rural deste concello lugués convértese en escenario no que se teatralizan contos ou feitos dese lugar
Décimo cuarta edición do Son d'aldea, un festival atípico no que a veciñanza das parroquias rurais de Palas de Rei se converte en protagonista de obras teatrais nas que se dramatizan feitos, contos ou lendas que pasaron nese lugar, un traballo no que se conseguiu a implicación de veciños de entre os catro e os máis de noventa anos.
Cada ano o público debe acudir a unha parroquia diferente, xa que o festival é itinerante, para que os diferentes espazos collan protagonismo.
Tamén un dos momentos máis agardados do festival é o xantar no que actores e público comparten produtos producidos no rural de Palas de Rei, un xeito de enxalzalos e, tamén, un escaparate do ecolóxico.
Este ano xuntáronse máis de seiscentas persoas.
Como remate, homenaxes, concertos e xogos populares.