Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas asisten á romaría de santa Minia, no concello de Brión

Milleiros de persoas asisten á romaría de santa Minia, no concello de Brión

A romaría, unha das máis concorridas de Galicia, comezou o venres e remata o domingo

G24.gal 27/09/2025 14:21 Última actualización 27/09/2025 15:04

A romaría de santa Minia de Brión atrae no seu día grande romeiros chegados de toda Galicia, moitos deles en excursións organizadas.

"Vimos de Melide, traemos dous auobuses organizados por nós". "Vimos de Dena, en Meaño. "De Betanzos". "Da Coruña", din algúns asistentes.

A de santa Minia é unha das romarías máis concorridas. Desde primeiras horas da maña, formáronse ringleiras no adro do santuario para visitar a imaxe xacente da santa.

"Veño cada ano, levo moitos anos vindo a ver a santa Minia".

"Vimos con moita devoción, eu pido por toda a miña familia e por todos en xeral".

"Veño desde os seis anos, viña co meu avó. Veño polo recordo do meu avó".

"Imos visitar a santiña e despois a comer por aí".

"Hoxe vou á misa para que a santiña nos axude, e despois a comer o polbo, e despois para a casa".

Na carballeira que leva o nome da santa, a devoción e a festa van continuar durante todo o sábado e toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade