Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cáritas de Santiago atendeu 45.000 persoas en 2025 e alerta dunha emerxencia social "crónica"

Cáritas de Santiago atendeu 45.000 persoas en 2025 e alerta dunha emerxencia social "crónica"

As familias con fillos e encabezadas por mulleres constitúen o perfil máis habitual das persoas atendidas

A entidade achegou máis de 10 millóns de euros en axudas 

O delegado episcopal, Santiago Fernández, a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, e María López, traballadora social. Cáritas.
G24.gal 23/06/2026 15:58

Cáritas Diocesana de Santiago atendeu en 2025 máis de 45.000 persoas e acompañou directamente a 20.664, a maioría das cales (59,20 %) eran de fóra da Unión Europea.

"A principal conclusión da acción de Cáritas en 2025 é que a exclusión social en Galicia estase facendo máis complexa, máis persistente e máis difícil de reverter", sinalou a directora diocesana, Pilar Farjas.

Durante a presentación da memoria anual da organización, Farjas indicou que moitas das necesidades e situacións que acompaña a organización "xa non son emerxencias temporais", senón que se converten en "situacións crónicas".

Familias monoparentais, as máis atendidas 

Se houbese que marcar un perfil común das persoas atendidas, serían familias de idade media, especialmente monoparentais, con fillos e nas que a cabeza de familia é unha muller. 

Das persoas acompañadas, destaca o rango de idade comprendido entre os 36 e 65 anos (44,22 %), seguido do de 18 a 35 anos (29,60 %). Tamén é notable a franxa de idade 0 a 11 anos (12,88 %), a de 12 a 17 anos (7,18 %) e a de maiores de 65 anos (6,12 %).

Segundo o xénero, a maioría eran mulleres (54,3 %), fronte ao 45,6 % de homes. Por orixe da persoas atendidas, a gran maioría (59,20 %) eran de estranxeiras de fóra da Unión Europea -Venezuela, Perú e Colombia son os tres principais países de orixe-, seguidas do 35,75 % de españois e do 3,57 % de estranxeiras da Unión Europea.

En 2025, a entidade mobilizou máis de 10 millóns de euros destinados a programas de atención social, emprego, vivenda e acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade