Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica por unha credencial emitida en Lugo que a Oficina do Peregrino non recoñece

Polémica por unha credencial emitida en Lugo que a Oficina do Peregrino non recoñece

Hai dez anos que o documento se creou en Lugo para promover o Camiño de Santiago e desde hai uns días non a aceptan

O arcebispado de Santiago asegura que é o único autorizado para emitilas

A situación sorprende os peregrinos
G24.gal 14/08/2025 20:29

Hai case dez anos que a asociación Lugo Monumental puxo en marcha un documento que acredita que o peregrino iniciou o seu percorrido en Lugo. Na oficina do peregrino de Santiago desde hai uns días non a aceptan.

A situación sorprende os peregrinos. 

Desde o Arcebispado de Santiago non quixeron facer declaracións. Só manifestaron que hai un modelo oficial de credencial e que son os únicos autorizados para emitila. 

As credenciais lucenses custaban un euro e os cartos recadados ían integramente a Cáritas. Ante a polémica retiráronas para non prexudicar os peregrinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade