Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deportistas con diversidade funcional rematan o Camiño de Santiago

Deportistas con diversidade funcional rematan o Camiño de Santiago

Forman parte do proxecto "ENKInoCamiño" e "Convivindo no Camiño" da fundación ENKI

Entre os participantes había deportistas e acompañantes con discapacidade motora e intelectual

O obxectivo é compartir experiencias co deporte e o Camiño de Santiago como impulsores da inclusión social

G24.gal 16/05/2026 21:29 Última actualización 16/05/2026 22:18

Entre vítores e aplausos os participantes do proxecto de inclusión social da fundación Enki facían a súa entrada na praza compostelá do Obradoiro. Unha iniciativa na que deportistas e acompañantes con discapacidade físicas e intelectual comparten experiencias na ruta xacobea.

"Empezamos mirando a accesibilidade dos camiños para que sexa un pouquiño máis ameno e divertido", comenta Sarai Muíños, monitora no programa.

Un dos grupos que integra o proxecto está conformado por uns vinte deportistas que facían o camiño en bicicleta dende Portugal e que gravaron a ruta con cámaras especiais para compartir a súa experiencia. 

"Dende Enki sempre buscamos a inclusión mediante o deporte e a discapacidade, e un deporte de lecer, non só competitivo, e o Camiño de Santiago xunta todo iso", comenta o presidente da Fundación ENKI, Ángel López.

Outra vintena de mozos, aos que se xuntaron acompañantes de varias asociacións de persoas con discapacidade, participaron no proxecto percorrendo o camiño a pé en etapas adaptadas.

"O Camiño ten un gran valor de inclusión, integrador e de accesibilidade. Viña unha moza que se subía ao autobús na Coruña e dicía: Eu nunca pensei que podería facer un tramo do Camiño. E o que queremos dende ENKI é que todo o mundo teña a posibilidade de participar", afirma Carmen Touza, directora xeral da fundación ENKI.

Unha vez máis, os peregrinos de Enki, deron visibilidade a unha iniciativa que xunta vontade e ilusión cara unha sociedade máis inclusiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade