O Xabarín xuta pola inclusión no torneo de fútbol "A Nosa Champions"
Uns 250 xogadores con discapacidades diversas e unha ducia de clubs participan no evento
A Televisión de Galicia apoia o torneo a través da súa plataforma Xabarín.gal, a plataforma número un en dixital con contidos infantís
O xabarín, a mascota por excelencia da Televisión de Galicia, achegouse en exclusiva ao Campo Municipal de Berdón, en Vilagarcía de Arousa, para animar aos xogadores da Nosa Champions, un torneo de fútbol inclusivo organizado pola Federación Galega de Fútbol e que xa alcanza a súa segunda edición.
"Congratulámonos do apoio dos clubs e deste labor inclusivo das persoas con diferentes capacidades poidan ter no fútbol un día de ilusión", asegura o presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto.
"Estamos un pouquiño alucinados coa resposta dos equipos. Nesta ocasión conseguimos os doce equipos e isto está pleno", comenta Ángel Cardalda, coordinador do equipo Vilagarcía S.D.
O evento, que celebraba a súa segunda xornada, inclúe unha ducia de clubs de toda Galicia e case 250 xogadores con algún tipo de discapacidade intelectual ou física que desfrutaron dunha xornada na que o fútbol foi a escusa para promover a igualdade e a faceta integradora.
A mascota da galega, que a través de Xabarín.gal patrocina ao Fútbol Club Ortigueira dos rapaces de Aspromor, non parou de animar a tódolos xogadores dun torneo, no que unha vez máis o importante é participar.