Publicador de contidos

Publicador de contidos

Belesar celebra esta fin de semana a feira dos seus produtos mais prezados: o viño e a cereixa

Belesar celebra esta fin de semana a feira dos seus produtos mais prezados: o viño e a cereixa

 A Feira da Cereixa e do Viño de Belesar chega á súa vixésima edición

Os produtores de cereixa din que o mal tempo das últimas semanas minguou a colleita das variedades máis temperás

G24.gal 16/05/2026 20:47

En Belesar din que a colleita deste ano ía ser moi boa. Había abudancia de cereixa, pero a choiva das últimas semanas causou moito estrago. A produción de variedades temperás reduciuse un 25%.

"Había moitas pero quedaron na cerdeira, todas podres. Hai que escoller moito, porque veu a auga cando estaban maduras. Este ano adiantaron moito", di unha produtora

"Choveu un pouco e estragou bastante as cereixas, pero bueno, están boas, teñen bo sabor a pesar da choiva", asegura outra produtora de cereixas.

A pesar dos estragos na colleita, o sabor das cereixas de Belesar non defrauda, como aseguran os visitantes que hoxe as probaron na feira.

"Estan boas e teñen boa pinta". "Vimos aquí todos os anos porque teñen moi boa calidade, están moi ben as cereixas aquí". "Estas cereixas son extraordinarias, gústanme moito, e aquí hai unha gran variedade", din varios asistentes á feira.

As adegas da Ribeira Sacra ofrecen os mellores viños da última colleita, que segundo din tivo unha maduración excelente.
 

"Estamos nun ano no que as calidades foron moi boas. A colleita do 2025 tivo unha maduración excepcional e cando tes un bo produto ao final vese recompensa nos viños", di un adegueiro.

"Moi bo viño, está moi fresquiño. Así da gusto tomalo", asegura un asistente á feira.

A Feira do Viño e da Cereixa de Belesar chega este ano á súa vixésima edición, consolidada como un dos grandes escaparates dos produtos mais prezados da Ribeira Sacra, entre os que tamén se inclúe a súa paisaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos