Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo vai pasar do inverno ao verán en catro días

Lugo vai pasar do inverno ao verán en catro días

Os termómetros chegarán aos trinta graos o próximo xoves

G24.gal 16/05/2026 21:15

O mes de maio está a deixar moitos contrastes en canto ao tempo. Un exemplo témolo esta semana en Lugo, hoxe o ambiente pedía unha chaqueta; pola contra, o xoves espérase acadar os 30 graos. Uns cambios que antes non eran tan esaxerados.

"Cando eramos novos o verán era o verán e o inverno era o inverno. Chovía polo San Froilán e non paraba ata o San Xosé. Agora esta a cousa tan revolta que xa non temos nada que facer", comenta un veciño.

E ante esta situación un xa non sabe que facer ca roupa, sacamos o traxe de baño ou a chaqueta?

"Non sabemos que poñer, eu hoxe veño abrigada e se quito a chaqueta teño frío pero o mércores xa ven a calor. Temos que ir coma o tempo", afirma outra veciña.

Así que, xa saben, para a próxima semana, traxe de baño, e para a seguinte, Deus dirá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade