Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilanova dos Infantes celebra a romaría da Virxe do Cristal entre tradición e música popular

Vilanova dos Infantes celebra a romaría da Virxe do Cristal entre tradición e música popular

A Virxe do Cristal que sae en procesión é unha réplica xa que a orixinal desapareceu en 2015 tras o crime do párroco de Vilanova

A festa culmina cos danzantes de Vilanova e os seus bailes en homenaxe á Virxe

A Virxe do Cristal que sacan en procesión é unha réplica
G24.gal 15/09/2025 16:49

A Virxe do Cristal que sacan en procesión é unha réplica. A orixinal desapareceu en 2015 tras o crime que lle custou a vida ao párroco de Vilanova dos Infantes, don Adolfo Enríquez. Dende aquela nada se sabe da imaxe orixinal, cunha historia que se remonta ao século XVII, pero a devoción segue intacta.

Coñécese como a pequeniña polo seu reducido tamaño. Unha imaxe de tan só dous centímetros no interior dunha cápsula de cristal macizo de pouco máis de catro.

A súa historia remóntase á primeira metade do século XVII cando un labrador a atopou nos terreos onde hoxe se ergue o santuario.

Recolleuna despois unha pastorciña que lla levou ao párroco de Vilanova.

"O que fai é levarllo ao ferreiro. O ferreiro intenta examinalo e mirar que hai dentro daquel cristal. Dálle unha martelada e o cristal escacha nun lateral e tampouco atopa nada. Envíana a Madrid á corte do rei Filipe IV e pide que examinen a Virxe", explica David Núñez, presidente da Asociación Don Adolfo Enríquez.

Non lle atopan explicación a esta singular imaxe e comezan a renderlle culto ata que en 2015 o párroco de Vilanova que a custodiaba aparece morto e a talla desaparece. Encargan entón unha réplica.

Un crime que segue sen resolver pero a réplica da Virxe segue a concentrar cada ano moitos fieis que a acompañan en procesión ao reencontro con San Sebastián e San Roque rememorando a súa intercesión durante a peste.

Un encontro que remata cos danzantes de Vilanova representando os seus tradicionais bailes gremiais en homenaxe á Virxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade