Milleiros de romeiros acoden á romaría da Barca de Muxía no seu día grande
O santuario é un dos lugares de peregrinación más antigos de Galicia
O romaría da Virxe da Barca de Muxía aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional
A romaría da Barca de Muxia comezou o venres pero vive hoxe o seu día grande. O santuario é un dos lugares de peregrinación más antigos de Galicia, xa documentado nunha crónica do seculo XV. Hoxe segue atraendo persoas chegadas de toda Galicia e tamén moitos turistas.
"De Carballo". "De Vilaboa", Vimos da Coruña, pero somos de por aquí". " De Mallorca". "Sempre aproveitamos para vir estes catro ou cinco días".
Este mediodia foi a cerimonia central no exterior do santuario e xusto despois a tradicional procesión ata o porto de Muxía coa imaxe da Virxe. Centos de romeiros pasaron pola pedra dos cadrís e pola de abalar, que, segundo a crenza popular, teñen propiedades curativas e favorecen a fertilidade.
"Gústanos moito vir á Barca de Muxía e levamos moitos anos vindo, e mentres poidamos e Deus nos dea sorte, imos seguir vindo".
"É un sitio moi bo para vir: a igrexa, a santa, a pedra. Hai que vir polo menos unha vez".
"Toda a vida houbo moitísima xente e sobre todo os domingos pola mañá a xente acode ás misas".
"Vimos a pasar o día e a comer por aquí, e todo ben".
"A min o que máis me gusta de aquí non podo facelo: ir coller uns quilos de percebes aí abaixo" .
O romaría da Virxe da Barca de Muxía aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional. Tras o recente informe favorable da Xunta, queda o ultimo trámite dependente do Ministerio de Cultura.