As mellores festas e festivais desta fin de semana
Concertos en Castrelos, María Pita, o SonRías Baixas...
Festas gastronómicas e culturais coma as do percebe ou a viquinga...

SonRías Baixas: festival de música que se celebra en Bueu do 31 de xullo ao 3 de agosto. O xoves destacan Baiuca e La Raíz, para venres chega Grande Amore, Carolina Durante, Sen Senra ou Cariño, entre outros. Sábado ten a Judeline á cabeza, acompañada de artistas coma AlIzzz, Delaporte ou The Rapants. Finaliza o domingo, cando cantarán Dani Fernández, Nena Daconte ou Niña Polaca entre outros.
Vanesa Martín: a cantante malagueña actuará no Auditorio de Castrelos o 31 de xullo ás 22:00 horas. A entrada é gratuíta na grada e dez euros na platea.
Ópera La Traviata: esta ópera representarase no Auditorio de Castrelos o día 1 de agosto, totalmente gratuíta, ás 22:00 horas
Jason Derulo: o estadounidense chega tamén ao Auditorio de Castrelos o 3 de agosto. O concerto será ás 23:00 horas e a entrada é gratuíta nas gradas e ten un custo de 15 euros na platea.
Festa do Albariño: festa de cata do Albariño na que se escollen os mellores viños entre centos de bodegas. Terá lugar en Cambados do 29 de xullo ao 3 de agosto. A Cata Prima terá lugar o xoves 31 ás 10:00 horas e durante eses días actúan orquestras como a Panoramae haberá concertos de Yan Block, Brytiago e DeiV o 1 de agosto e outras actuacións que poderán estar acompañadas de personalidades coma o influencer Champimuros.
XXII Festa do Percebe e Festa do Percebe de Rinlo: festa gastronómica deste crustáceo que terá lugar dende o 2 ata o 3 de agosto en Cedeira. Os asistentes poderán degustar os percebes dende as 12:00 ata as 17:00 horas a prezos populares. Tamén terá lugar a festa do mesmo crustáceo en Rinlo, Ribadeo, o día 2 de agosto. Nesta, as racións custan 18 euros e contará con actuacións musicais.
Festas de María Pita: estas coñecidas festas da Coruña celebraranse dende o 1 de agosto ao 1 de setembro. Para esta fin de semana, o venres dará o pregón Rosa Cedrón, seguida do concerto de Baiuca, e comezan tamén a Feira do Libro e Mostrart. O sábado actúa Bonnie Tyler na Praza de María Pita ás 22:00 horas e o domingo a encargada de dar música á celebración será Marina Reche, tamén na Praza de María Pita.
Romaría Viquinga: o municipio de Catoira celebra esta festa, que foi gañando recoñecemento co paso dos anos. Nestas Festas terá lugar un Mecado Medieval, o VikingMusic e un espectáculo de lume o venres. Para o sábado volverá o Mercado Medieval e farase o xantar viquingo ás 14:00 horas e pola noite actúan no VikingMusic The Rapants e Satenta. O domingo é o día grande da romaría e tamén haberá concertos coma o de A Banda da Loba. Por último, o luns, realizaranse xogos populares e pechará a festa a Banda de Música de Catoira.