Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mellores festas e festivais desta fin de semana

As mellores festas e festivais desta fin de semana

A Dorna, concerto de Trueno, na Atardecer no Gaiás, Son do Nordés...

Tamén as festas culturais e gastronómicas máis rechamantes

Europa Press / Arquivo Europa Press / Arquivo
G24.gal 17/07/2025 10:16

Festa da Dorna: O municipio de Ribeira acolle do día 18 ao 24 de xullo a nova edición da Festa da Dorna, que é una das máis esperadas da zona e moi coñecida no territorio galego. Tal é a importancia, que está catalogada de Interese Turístico de Galicia. As festas contarán con eventos coma o Día do Orjullo Jaiteiro, o XXXIV Jran Prix de Carrilanas, a Maratasón Infantil, a Batalla de Jallos Dorneiros e outros moitos eventos de carácter cultural e turístico que se xuntan cos concertos.

Son Do Nordés: Festival de música que traerá concertos de artistas como Luis Fonsi ou Al Bano & Romina Power dende o 17 ao 20 de xullo no Anfiteatro do Parque de Santa Margarida.

Atardecer no Gaiás: Esta fin de semana, os concertos celebrados na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela contarán con, o xoves 17, un Festival Urbano, con artistas como Santa Salut, Dirty Suc e Al Safir e, o día venres 18, Lúa Santana.

Gente de Zona: Os cubanos acuarán dando un concerto no Auditorio de Castrelos este xoves 17 ás 22:00 horas. Trátase dun concerto gratuíto dende a zona das gradas, pero conta ca posibilidade de coller entradas na platea por 10 euros.

Trueno: O rapeiro arxentino tamén actuará esta fin de semana no Auditorio de Castrelos de Vigo. No seu caso, será o venres 18 ás 22:00 horas, tamén gratuíto dende gradas e cunha entrada de 12 euros en platea.

17.º Ribeira Sacra Festival: Experiencia musical levada a cabo nos días 18, 19 e 20 en xullo. Contará coas actuacións de Julieta Venegas, The Jayhawks ou Ángel Stanich entre outros. 

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas: As festas patronais do barrio vigués celebraranse dende o 18 ao 23 de xullo. Están caracterizadas polos espectáculos pirotécnicos que se observan dende a cidade. Tamén teremos os concertos de Royal Espectáculo, o Combo Dominicano ou artistas como Nickzz.

Festa da Vieira: Festa gastronómica deste manxar mariño celebrada no parque de Torrado, en Cambados, do 17 ao 20 de xullo. Contará con concertos como os de Rock & Prol, a charanga Fanfarria Furruxa ou o Grupo A Movida, entre outros.

Feira Medieval de Noia: A feira inspirada na era medieval é un dos eventos máis coñecidos da zona. Postos artesáns de comida, roupa, accesorios e incluso actividades medievais, como a loita de cabaleiros en cabalo ou a actuación de xograres e bufóns darán un ambiente antigo á vila de Noia. 

Cedeira polo Cine: Un festival dedicado aos máis cinéfilos. Este xoves 17 proxectarase a película Menudas piezas no Auditorio Municipal de Cedeira ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade