Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Láncara anuncia que padece cancro de pel

O alcalde de Láncara anuncia que padece cancro de pel

O alcalde, Darío Piñeiro, terá que someterse a tratamento

Deixará o concello lucense en mans do seu número dous.

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro. Europa Press O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro. Europa Press
G24.gal 17/07/2025 12:00

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, anunciou que padece cancro de pel, que terá que ausentarse das súas funcións e que delegará no seu tenente  de alcalde Pablo Rivera Capón.

Así o confirmou o rexedor a través dunha publicación nas súas redes persoais, dirixíndose a amigos e veciños. Nesta publicación avanza que estará ausente durante un tempo para proceder co tratamento necesario.

"Co agarimo que sempre nos uniu, diríxome a vós nun momento moi importante da miña vida. Como algúns sabedes, ía enfrontarme a unha operación médica delicada que requiría certo tempo de recuperación e me mantería afastado de Láncara. Pois a maiores desa operación, estes días os médicos detectáronme un cancro de pel", anuncia.

O alcalde da vila lucense recoñece que sente medo ante o que vén, mais que o afronta con esperanza.

Neste contexto, Piñeiro avanzou que na súa ausencia será Rivera Capón o máximo mandatario no Concello. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade