A Illa de Arousa establece restricións ao tráfico polas festas do Carme
Nalgunhas zonas queda prohibido o acceso dos vehículos desde o día 16 e noutras non se poderá estacionar
Recomendan o uso do aparcadoiro público situado a carón do instituto
A Illa de Arousa prepárase para a celebración das festas do Carme, unha cita á que acoden moitos visitantes en coche, causando problemas de tráfico.
Este ano xa estableceron restricións ao tráfico durante as festas. Nalgunhas zonas queda prohibido o acceso dos vehículos desde o día 16 e noutras non se poderá estacionar.
Nalgunha rúa xa están en vigor as restricións debido a que o espazo queda reservado para as atraccións. Os veciños agardan que a medida poida solucionar estes problemas nas estradas.
As autoridades recomendan o uso do aparcadoiro público situado a carón do instituto da localidade, que conta cunha capacidade para 300 coches, ademais de lembrar que existe o uso do autobús público.